Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 10 Outubro 2019 07:38

TALLER SELECCIONA UN/HA ADMINISTRATIVO (SANTIAGO)

Búscase a unha persoa organizada, metódica, polivalente e proactiva. Con capacidade de aprendizaxe sobre produtos, prezos e servizos que se ofrecen no taller.
Necesaria aptitude de comercial.
Requírese de coñecementos en mecánica para o asesoramento de servizos e produtos aos clientes.

Misión prinicipal: recepción de clientes para darlle o prezo dos produtos e servizos que se vendan ou se realicen no taller. Documentar e cobrar todos os servizos realizados no taller.

Funcións: realizar albarás de venda, cobrar os servizos realizados, levar un parte de caixa, atender ás chamadas tanto no taller de provedores como dos clientes, facer orzamentos de venda, abrilas follas de traballo e realizar pedidos a provedores dos produtos necesarios para o taller.

Ofrécese
-Bo ambiente laboral
-Centro de traballo: Santiago de Compostela
-Tipo de contrato: mínimo un mes por ETT. Despois valorarase a súa integración en persoal da empresa.

https://www.infojobs.net/santiago-de-compostela/administrativo-taller-santiago/of-ifc3473b1e74b70891d1c30e0ea872e?applicationOrigin=search-new%7Celement%7E36620597332