Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 08 Outubro 2019 08:01

TRAGSA SELECCIONA UN/HA ENXEÑEIRO/A AGRÓNOMO OU UN/HA ENXEÑEIRO/A DE MONTES (SANTIAGO)

Funcións:
Coordinación e supervisión dos traballos de revisión documental do rexistro vitícola de Galicia, procedendo á actualización do mesmo de modo que se poida establecer unha correspondencia total entre a documentación que integra o mesmo ( bases de datos / SIX) e a realidade no terreo; deseño da metodoloxía de traballo; xestión documental; supervisión dos traballos de dixitalización e fotointerpretación; elaboración de informes á Dirección Técnica, asistencia a reunións de coordinación, así como a todas as actividades vinculadas ao desenvolvemento da actuación.

Tipo de xornada: Tempo Completo
Titulación requirida: Enxeñeiro/a Superior en Agrónomo
Enxeñeiro/a Superior en Montes

Estudos complementarios:
Imprescindible manexo solvente de galego (os informes e trámites xestiónanse en galego)
Imprescindible: Alto coñecemento en ferramentas SIG e CAD, presto, etc

Valorable: Coñecementos de aplicacións e visores para obtención de datos territoriais: catastro, sixpac e similares. Manexo solvente de ferramentas office.
Coñecementos informáticos:
Coñecementos Informáticos
Tipo Aplicación
Aplicación
Ofimática
Word
Excel
Ofimática
Access
Deseño Gráfico
Autocad
Cartografía e Teledetección
ArcInfo ( desktop)

Experiencia previa requirida:
Imprescindible: Coñecemento do medio rural galego, especialmente no ámbito da actividade agroforestal;
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, etc), coñecementos de manexo de ferramentas GPS, topográficas, e manexo de aplicacións GIS.

Valorable: Experiencia en dirección de equipos de traballo, Coñecementos de lexislación sectorial relacionada co proxecto (Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia, Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do chan de Galicia), coñecementos da tramitación de procedementos no sector vitícola, traballos de inspección en vendima, visitas en campo para control de terreos agroforestais.

Ofrécese:
Contrato por obra e/ou servizo cunha duración de 2 meses e medio
Xornada completa
Salario segundo convenio

https://www.tragsa.es/_layouts/GrupoTragsa/ficha-oferta-empleo.aspx?jobid=22086&tipo=F