Academia Galega de Seguridade Pública
RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2019 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR471A e PR472A).
Obxecto
O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.