Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 03 Outubro 2019 07:27

CONGRESO DOS DEPUTADO CONVOCA DOCE BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA DOCUMENTACIÓN, BIBLIOTECONOMÍA E ARQUIVÍSTICA

Acordo do 23 de setembro de 2019, da Mesa do Congreso dos Deputados, polo que se convocan bolsas para a formación práctica en documentación, biblioteconomía e arquivística.

O Congreso dos Deputados convoca doce bolsas individuais para a formación práctica en actividades documentais, bibliográficas e arquivísticas da Cámara. O desenvolvemento das bolsas estará dirixido pola Dirección de Documentación, Biblioteca e Arquivo, pola Dirección de Estudos, Análises e Publicacións e polo Departamento de Edición Oficial e Tratamento documental. Os estudos e traballos realizados quedarán en propiedade do Congreso dos Deputados.

Duración e contía.

Cada unha das doce bolsas terá unha duración de doce meses, que poderá prorrogarse por un período máximo de seis meses, cando a conclusión dos estudos e traballos que se estean realizando así o aconsellen.

A prórroga será acordada polo Presidente do Congreso dos Deputados, a proposta do Secretario Xeral da Cámara, previo informe favorable do Xefe
de Departamento correspondente.

O inicio das bolsas comunicarase aos beneficiarios simultaneamente á notificación da concesión.

A contía total da bolsa será de doce mil novecentos euros (12.900 €) brutos por ano, que se percibirán finalizado cada mes a razón dunha contía bruta de mil setenta e cinco euros (1.075 €) e que estarán suxeitos ás retencións que proceda.

Así mesmo, os beneficiarios da bolsa contarán coa cobertura outorgada pola Seguridade Social, segundo a normativa vixente en cada momento, e dentro dos requisitos e condicións propios deste tipo de bolsas.

O prazo para a presentación de instancias será de quince días naturais seguintes á data de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado»

BASES