Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 03 Outubro 2019 07:11

INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA OITO BOLSAS DE FORMACIÓN

Instituto Galego da Vivenda e Solo
RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas de formación deste instituto e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento VI440D).

Convócanse seis bolsas para persoas tituladas en grao de estudos de Arquitecturadúas para persoas tituladas en grado de Arquitectura técnica que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

Requisitos das persoas beneficiarias

Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas que no momento de presentar a súa solicitude reúnan os seguintes requisitos:
– Ter rematado o grao exixido na correspondente convocatoria, dentro do prazo indicado nela.
– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
– Non ter sido con anterioridade beneficiaria doutra bolsa de formación do IGVS.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao inicio da formación.
– Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As bolsas de formación levaranse a cabo en xornada de maña, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa seguinte distribución territorial:
– Dúas/dous graduadas/os en estudos de Arquitectura e unha/un graduada/o en Arquitectura Técnica nos servizos centrais do IGVS en Santiago de Compostela.
– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura e un graduada/o en Arquitectura Técnica na Área Provincial do IGVS da Coruña.
– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Lugo.
– Unha/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Ourense.
–Una/un graduada/o en estudos de Arquitectura na Área Provincial do IGVS en Pontevedra.

Duración e contía das axudas

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación das/os bolseiras/os na data que indique a resolución de concesión e terán unha duración de doce mensualidades. Poderán, de conformidade coa normativa legal aplicable, prorrogarse as bolsas por un novo período de seis meses, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan e logo do informe favorable da/o titora/r de quen reciba a formación a/o bolseira/o.

O importe de cada bolsa será de mil euros brutos ao mes, que se farán efectivos, logo da certificación do bo aproveitamento da bolsa por parte da persoa que asuma a titoría, tras realizar as retencións fiscais e sociais que lle correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. A cantidade percibida no primeiro mes determinarase en función do número de días transcorridos desde a incorporación á bolsa.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

BASES