Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 02 Outubro 2019 07:25

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS NAS MODALIDDES DE MÚSICA, DE DANZA E DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO NA CCAA DE GALICIA

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 17 de setembro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19 (código de procedemento ED311F).

Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución:

  • 3 premios na modalidade de Música,
  • 1 na modalidade de Danza
  • 2 na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.
  • Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade na modalidade de Música ou por familia profesional na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

A dotación para os premios será de 5.100 € con cargo á partida orzamentaria 10.20.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2019, que se distribuirán entre os premiados na mesma contía, e que non poderá exceder os 850 euros por premio. Estas contías estarán suxeitas ás retencións que legalmente lles correspondan.

O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES