Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 01 Outubro 2019 11:14

MAQUINARIA 4.0: TALLER DE PRESENTACIÓN DA INVITACIÓN PARA O DESEÑO DA LIÑA DE AXUDAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, activa unha invitación a empresas de calquera tamaño e agrupacións empresariais para que presenten proxectos e manifesten o seu interese en que o sector de fabricantes de maquinaria e bens de equipo de Galicia desenvolva liñas de produto que sirvan nos seus procesos industriais.

O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 22 de outubro.

A invitación ten como obxectivo a posta en marcha da nova liña de axudas Maquinaria 4.0, que permitirá incentivar aos fabricantes de maquinaria a desenvolver produtos que dean resposta a necesidades concretas, reforzar a estandarización no sector e facilitar a compra local, nacional e internacional de tecnoloxía ‘made in Galicia’.

Para ofrecer información detallada desta iniciativa, o próximo xoves 3 de outubro a partir das 11 h, terá lugar un taller de presentación en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro 107). Nel explicarase polo miúdo a convocatoria e os avances no deseño da liña de axudas.

MÁIS INFORMACIÓN

PROGRAMA DO TALLER

Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

RESOLUCIÓN DOG