Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 25 Setembro 2019 06:36

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EMPRENDE CULTURA GAIÁS- SIXTO SECO

Consellería de Cultura e Turismo
ORDE do 12 de setembro de 2019 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para convocar os premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco, de conformidade coas bases reguladoras establecidas para a súa convocatoria (código de procedemento CT899A).

Obxecto do concurso:
a) Premiar e impulsar o desenvolvemento de proxectos empresariais viables que creen emprego.
b) Promover a cultura emprendedora na nosa comunidade.
c) Dinamizar e diversificar o tecido empresarial de Galicia.

Requisitos das persoas candidatas
1. Poderá participar nesta convocatoria calquera emprendedor/a, persoa física ou xurídica, maior de idade, de calquera nacionalidade, que desexe implantar a súa idea ou desenvolver o seu proxecto dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, co fin de converter a idea nunha actividade sustentable.
2. Non poderán participar na convocatoria aquelas persoas solicitantes que teñan iniciado unha actividade empresarial e/ou profesional para a posta en funcionamento da «idea emprendedora» á que se refire o artigo 5 das presentes bases, sempre que medien máis de seis meses desde o inicio da dita actividade empresarial e/ou profesional.
3. Non ter o carácter de persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

As categorías ás que se pode concursar son:

1. Categoría A: idea emprendedora para a programación de aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural e proxectos culturais na internet.
2. Categoría B: idea emprendedora para o desenvolvemento de proxectos na área do deseño, a xestión cultural e da creación artística e plástica no ámbito cultural.

Os premios que se van outorgar á mellor idea emprendedora presentada en cada unha das modalidades consisten en:

A) Dous premios en metálico dotados con tres mil euros (3.000,00 €) cada un [un premio por categoría e proxecto seleccionado]; o proxecto gañador en cada unha das categorías sinaladas no punto 5 recibirá tres mil euros en metálico para o desenvolvemento da idea premiada e diploma acreditativo. Só haberá un premio por categoría, polo que no caso de empate entre varios candidatos na mesma modalidade, o premio en metálico repartirase entre estes gañadores/as.

B) Posibilidade de incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo de cotraballo «Centro de Emprendemento Creativo de Galicia» da Cidade da Cultura de Galicia. Se o gañador quixese facer uso desta posibilidade, deberá solicitalo expresamente por escrito nun prazo de trinta días desde o outorgamento do premio; se non o solicitase, enténdese que renuncia a esta parte do galardón, sen que supoña a renuncia total ao premio.

En calquera caso, a incorporación ao espazo non é requisito obrigatorio para a aceptación do premio en metálico indicado no parágrafo inmediatamente anterior.

A incorporación gratuíta ao espazo inclúe:
1) Ocupación dun espazo na sección de cotraballo, coas seguintes prestacións: unha mesa de traballo, con conexión á internet, e os seguintes servizos comúns: sala de reunións con internet, wifi, proxector..., despacho para reunións, caixa de correo, servizos de seguridade, videovixilancia e control de accesos, subministración eléctrica, auga, calefacción e servizo de limpeza.
2) Desconto do 50 % en todas as actividades que se realicen na Cidade da Cultura de Galicia.
3) Participación en todas as actividades de formación promovidas de forma gratuíta pola Cidade da Cultura de Galicia de interese para a persoa solicitante.
4) Posibilidade de mostrar produtos promocionais do proxecto gañador escaparate/showroom.
5) Intercambio con outros espazos de cotraballo de ámbito internacional, coas que a Cidade da Cultura de Galicia teña convenio.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se fose festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190925/AnuncioG0535-160919-0001_gl.pdf