Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 24 Setembro 2019 07:41

CONVOCATORIA DOS PREMIOS DO COMERCIO GALEGO

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do comercio galego (código de procedemento IN214C).

Os premios do comercio galego contarán coas seguintes modalidades:
a) Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000 euros.
b) Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros.
c) Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.

Os premios do comercio galego distinguirán aos establecementos galegos, a nivel provincial e autonómico, que na súa xestión comercial executen accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación, unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto, para o cal se valorarán a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas
tales como a web, o teléfono e as redes sociais como canles de comunicación e venda, e a integración entre as canles en liña e sen conexión.

O Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes elixirase entre aquelas asociacións que poñan en práctica proxectos tecnolóxicos vinculados ao comercio que inclúan presenza na rede, utilización de novas tecnoloxías e incrementen a fidelización e os servizos prestados aos clientes.

Cada comercio participante non poderá percibir máis dun premio.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190924/AnuncioG0424-130919-0002_gl.pdf