Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

ACCIÓN FORMATIVA SMARTPEME: FOTOGRAFÍA OS TEUS PRODUTOS OU SERVIZOS PARA AS REDES SOCIAIS

Este mércores no Viveiro de Empresas da Estrada poderás realizar esta acción formativa totalmente GRATUÍTA previa inscrición.

LUGAR: VIVEIRO DE EMPRESAS A ESTRADA, (1º andar do edificio do Novo Mercado, R/ Waldo Álvarez Insua, s/n, 36680)

DÍA: Mércores, 25 de setembro. 

HORA: De 19.00 a 21.00 horas

As redes sociais son un dos recursos modernos que máis se utilizan para atraer a posibles consumidores/as cara aos nosos produtos ou servizos, xa sexan on- line ou de forma física ao noso local.

As fotografías para redes sociais deben atraer ao cliente/a, contar unha historia, ser creativas e destacar por encima das demais, para iso debemos saber nocións básicas de composición e planos. Veremos tamén como segundo a marca podemos crear diferentes estéticas que nos diferencian dos demais e fannos reconocibles na internet.

Contido:
1. Que son as fotografías para redes sociais?
2. Claves para fotografías de RRSS.
3. Planos en función do obxecto ou suxeito.
4. Planos en función da cámara.
5. Que necesitamos para facer unhas boas fotografías?
6. Regras básicas de publicación en redes sociais.

Nivel: Iniciación

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

INSCRICIÓN

Tamén te podes inscribir chamando ao 886 202 020

RECORDA!

Este mesmo mércores poderás beneficiarte ao longo de todo o día dos servizos de asesoramento en todo o referente á aplicación das novas tecnoloxías no teu negocio, podes pedir cita no teléfono que che indicamos anteriormente.

Toda a información:  smartpeme.depo.gal