Acordo do 17 de setembro de 2019, da Mesa do Senado, polo que se convocan bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, relacionada coa actividade oficial do Senado, para o ano 2020.
As bolsas outórganse cunha duración dun ano (desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2020) e consistirán en doce pagos por meses vencidos de oitocentos (800) euros brutos.
O modelo oficial de solicitude poderá descargarse da páxina web do Senado www.senado.es
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» e finalizará ás 24:00 horas do día 7 de outubro de 2019
https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/19/pdfs/BOE-A-2019-13328.pdf