Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 19 Setembro 2019 06:23

CONVOCATORIA DUN PROGRAMA EXTRAORDINARIO PARA O RECOÑECEMENTO DE ACTIVIDADES ARTESANAIS

Consellería de Economía, Emprego e Industria
RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se convoca un programa extraordinario para o recoñecemento de actividades artesanais (código de procedemento CO300E)

Esta resolución ten por obxecto convocar un programa extraordinario de recoñecemento de actividades artesanais para que aquelas persoas que, realizando unha actividade artesanal das comprendidas na sección de actividades artesanais do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, e non posúan unha titulación adecuada nin experiencia profesional, poidan obter a carta de artesán que acredite esta condición (código de procedemento CO300E).

Beneficiarios/as
Poderán obter a carta de artesán as persoas físicas que reúnan as condicións previstas no artigo 12.3 do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía, que exerzan unha actividade artesanal que supoña a creación, produción, restauración ou reparación de bens de valor artístico ou popular, así como a prestación de servizos, sempre que estas se presten ou obteñan mediante procesos nos
que a intervención persoal constitúe un factor predominante e o produto final sexa de factura individualizada e distinta da propiamente industrial, tal e como se establece no artigo 2, punto 1, da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.

As solicitudes presentadas ao abeiro do programa extraordinario de recoñecemento de actividades artesanais poderán presentarse desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190919/AnuncioG0424-100919-0005_gl.pdf