Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 16 Setembro 2019 06:27

CONVOCATORIA DE AXUDAS A ENTIDADES ORGANIZADORAS DE CONGRESOS, SEMINARIOS, CONVENCIÓNS, INCENTIVOS OU CALQUERA OUTRO EVENTO RELACIONADO CO TURISMO

AXENCIA TURISMO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU403A).

Gastos subvencionables
Considéranse gastos subvencionables os derivados daqueles programas ou actividades que promovan o intercambio e a difusión de saberes mediante a organización de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo a calquera área de coñecemento que se vaia desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.

En calquera caso, para os efectos previstos nestas bases, son gastos subvencionables os que respondan á natureza e obxecto da actividade subvencionada e se realicen desde o 1 de setembro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020, en concreto terán a consideración de gastos subvencionables:
– Alugamento de equipos, locais, salóns, carpas e similares, e os relacionados coa organización do evento como servizos audiovisuais, iluminación e megafonía, servizo de azafatas, guías turísticos, contratacións artísticas e de presentadores/condutores, tradución simultánea, traslados internos en cidade, sede de congresistas e relatores, e similares; e os de produción e edición de materiais relacionados coa difusión e promoción do evento,
tales como rotulación xeral, carteis, folletos, memorias, publicidade, material audiovisual, CD, DVD e similares.
– Gastos directos dos conferenciantes, tales como viaxes, axudas de custo, manutención e aloxamento.
– Calquera outro gasto relativo ás actividades e servizos incluídos no programa do evento.

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as seguintes entidades:
a) Universidades ou organismos públicos de investigación, a través dos seus centros, institutos, departamentos, seccións u outras unidades de investigación.
b) Sociedades científicas legalmente constituídas, colexios profesionais e outras entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica propia.
c) Empresas ou sociedades privadas que promovan especificamente congresos, reunións, xornadas técnicas, eventos, presentacións, incentivos, etc.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190916/AnuncioG0256-040919-0001_gl.pdf