Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 16 Setembro 2019 06:20

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS POR PROCEDEMENTOS DE REGULACIÓN DE EMPREGO DE SUSPENSIÓN DE CONTRATOS DE TRABALLO POR CAUSA MAIOR

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 13 de agosto de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR820D).

Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguinte requisitos:
a) Que estean ou estivesen afectadas por un procedemento de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior durante o período subvencionable que se establece nesta orde. Considérase que a persoa traballadora está afectada cando teña ou tiver o seu contrato suspendido no período subvencionable, en polo menos unha xornada laboral completa. Poderán beneficiarse das axudas as persoas con
contrato de traballo a tempo completo e a tempo parcial.
b) Que o procedemento de regulación de emprego afecte, dentro do período subvencionable, algún centro de traballo da empresa situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a causa de forza maior derive de acontecementos catastróficos, imprevisibles ou que, sendo previstos, fosen inevitables, como terremotos, maremotos, incendios, inundacións, pragas, explosións, tormentas de vento e mar, sempre que supoñan a destrución total ou parcial das instalacións do centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, impedindo a continuidade total ou parcial da actividade empresarial.
d) Que a causa de forza maior for constatada por resolución da autoridade laboral competente.
e) Que os seus ingresos brutos mensuais, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, non superen 2.000 euros ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas á empresa por contrato de traballo a tempo parcial.

Contía:
A contía da axuda fixarase en 7 ou 10 euros por xornada completa efectiva de suspensión de contratos, segundo o tramo de base de cotización por continxencias comúns a que pertenza a persoa traballadora, de acordo coa seguinte escala:
a) Para bases de cotización de ata 1.800 €, unha axuda de 10 € por cada xornada completa de suspensión.
b) Para bases de cotización superiores a 1.800 €, unha axuda de 7 € por cada xornada completa de suspensión.

Esta contía entenderase para persoas traballadoras que teñan contrato de traballo a xornada completa. No suposto de persoas traballadoras con contrato a tempo parcial, as bases de cotización entenderanse reducidas proporcionalmente, dando lugar á redución proporcional da contía da axuda.

Duración:
A axuda estenderase a todas as xornadas laborais completas de suspensión que se produzan dentro do período subvencionable establecido na convocatoria.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Secretaría Xeral de Emprego pola que se publica a convocatoria para cada exercicio e permanecerá aberto con carácter permanente ata o 31 de outubro de cada exercicio.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190916/AnuncioG0424-050919-0002_gl.pdf