Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 13 Setembro 2019 07:54

O IGAPE PON EN MARCHA OS "VENRES AUTÓNOMOS"

VENRES AUTÓNOMOS. PRIMEIRO ENCONTRO NA CORUÑA: 20 DE SETEMBRO

O próximo venres 20 de setembro terá lugar na Coruña o primeiro dos encontros dos Venres Autónomos, unha iniciativa que se desenvolverá en diferentes localidades galegas e coa que a Consellería, Emprego e Industria dá continuidade aos encontros celebrados en anos anteriores co obxectivo de xerar sinerxías entre profesionais dunha mesma zona xeográfica.

As persoas autónomas asistentes poderán presentar a súa actividade, compartir experiencias, coñecementos, ferramentas de traballo e descubrir novas fórmulas que faciliten o desenvolvemento dos seus proxectos.

INFORMACIÓN, PROGRAMA E INSCRICIÓN