Obxecto
Fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grao realizados na Universidade de Vigo, nos campus de Vigo e de Pontevedra.
Persoas beneficiarias
A convocatoria está dirixida a todo o alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e de Vigo, que poderá acceder con calquera traballo de fin de grao ou de fin de máster no que se inclúa a perspectiva de xénero e fose presentado, defendido e aprobado durante o curso 2018-2019 en calquera rama de coñecemento.
Os traballos presentados á convocatoria deberán contemplar a perspectiva de xénero ou incorporar o xénero como categoría de análise.
No caso de que o traballo non estea en ningún dos idiomas cooficiais (galego ou castelán) deberá achegarse unha tradución literal nunha destas linguas.
Premios
Haberá 3 premios en cada categoría:
• Premios aos traballos de fin de grao:
— Dous premios dotados con 1.000 € cada un
— Un accésit dotado con 600 €
• Premios aos traballos de fin de máster:
— Dous premios dotados con 1.000 € cada un
— Un accésit dotado con 600 €
Estes premios estarán suxeitos á retención do IRPF correspondente á lexislación vixente no momento da resolución.
O aboamento dos premios efectuarase mediante un ingreso directo na conta bancaria da que sexa titular a persoa beneficiaria.
O prazo de presentación finaliza o 27 de setembro de 2019 e a data límite para a entrega dos traballos por vía telemática é o 4 de outubro de 2019.