Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 11 Setembro 2019 07:32

CONVOCATORIA DE AXUDAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRÍCULA NUN MASTER OFICIAL UNIVERSITARIO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 2 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2019/20 (código de procedemento ED421A).

Poderán solicitar estas axudas as persoas tituladas universitarias que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2017.
c) Estar matriculado no curso académico 2019/20 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 73/2019, do 4 de xullo (DOG núm. 131, do 11 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20.

e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 73/2019, do 4 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2019/20 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 21 de outubro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190911/AnuncioG0534-040919-0002_gl.pdf