Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 10 Setembro 2019 10:09

CONVOCATORIA DAS BOLSAS SEPI DE INICIACIÓN Á EMPRESA CON PRÁCTICAS REMUNERADAS

Un ano máis, e desde 1980, a Fundación  SEPI dá a benvida ao seu Programa de Bolsas de Iniciación á Empresa dirixidas a mozos/as universitarios/as ou de FP Superior sen experiencia laboral previa.

O programa de Bolsas de Iniciación na Empresa da Fundación SEPI está pensado para que persoas universitarias ou estudantes dun grao superior de FP poidan iniciarse no mundo profesional a través dunhas prácticas en empresas e institucións colaboradoras.


Dirixidas a universitarios/as e estudantes de Grao Superior de FP sen experiencia laboral previa

As prácticas en empresas son a mellor opción para adquirir experiencia profesional e para poñer en práctica os coñecementos aprendidos na universidade ou en calquera outro centro de formación.

Ao realizar prácticas profesionais as persoas bolseiras adquiren novas competencias, tamén aprenden a buscar traballo, amplían a súa rede de contactos, melloran o seu currículo, mesmo, teñen máis posibilidades de atopar un emprego na área profesional na que se especializaron.

As bolsas teñen unha duración inicial de seis meses desde a data de incorporación dos/as bolseiros/as que será, previsiblemente, en novembro de 2019. A pedimento das empresas ou institucións que participan o programa as prácticas poderán prorrogarse outros seis meses, co horario correspondente ao departamento onde se desenvolven.

Algunhas das empresas onde poderán realizar prácticas os/as alumnos/as participantes son:

  • CESA, Compañía Española de Sistemas Aeronáuticos
  • CETARSA, Compañía Española de Tabaco en Rama
  • INITEC Plantas Industriais
  • TRAGSA, Empresa de Transformación Agraria
  • TRAGSATEC, Tecnoloxías e Servizos Agrarias

A dotación asignada ás prácticas son 885 euros mensuais para persoas tituladas universitarias e 800 euros ao mes para os/as bolseiros/as que sexan técnicos/as superiores de FP, aínda que as cantidades poden verse incrementadas se as prácticas teñen lugar no estranxeiro. A bolsa inclúe un seguro e a persoa interesada é incluída no réxime xeral da Seguridade Social, aínda que non poderá beneficiarse da protección por desemprego.

As bolsas son concedidas pola Fundación SEPI e teñen como fin último contribuír á formación da persoa recén titulada. O goce desta axuda é incompatible con calquera actividade por parte do/a bolseiro/a, xa sexa por conta propia ou allea, retribuída ou non, que interrompa o correcto desenvolvemento do período formativo. Tamén é incompatible coa cobranza de prestacións por desemprego ou de calquera outra bolsa de similares características.

Os/as candidatos/as deben terminar os seus estudos universitarios ou de FP. Poderán tamén presentar a súa candidatura os/as estudantes de enxeñería superior ou máster que aprobasen todas as materias necesarias para a obtención do título, con excepción do proxecto fin de carreira.

Os estudos dos/as interesados/as deben concluír con posterioridade ao 31 de decembro de 2016 e os/as candidatos/as deben ter nacido con posterioridade ao 31 de outubro de 1989.

Así mesmo, non deben desempeñar traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, xa sexa por conta propia ou allea, e non deben ser beneficiarios/as de bolsas por parte da Fundación SEPI.

A presentación das solicitudes realizarase en liña, ata o 24 de setembro de 2019.