Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

QUERES PARTICIPAR NO PROXECTO "O CAMIÑO EMPRENDEDOR"?

Descubre o teu potencial emprendedor na #EconomíaSocial ao tempo que fas varias etapas do Camiño de Santiago.

A Fundación Ronsel e a Rede Eusumo da Xunta de Galicia, impulsan esta experiencia única e intensa, e realizarán 5 etapas do Camiño, a partir do vindeiro 17 de setembro.

A Fundación Ronsel, a través da Rede Eusumo, organiza as seguintes xornadas:

  • O CAMIÑO EMPRENDEDOR

Proxecto que une a experiencia da peregrinaxe do camiño de Santiago co potencial emprendedor da comunidade, realizando en cada traxecto unha serie de actividades co acompañamento dun mentor voluntario e o equipo da Fundación Ronsel.

Obxectivo:

Crear unha experiencia única e intensa, na que, a través das diferentes etapas do camiño, potenciaranse as competencias emprendedoras. Preténdese trazar un novo camiño transformador que empregue a peregrinaxe como fonte de inspiración e o mentoring como vara de apoio.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS