Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 06 Setembro 2019 06:21

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS PARA OS EXERCICIOS 2019-2020

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e se establecen as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Obxecto
Esta orde ten por obxecto proceder á convocatoria pública de subvencións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:

a) Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR301P). Trátase dunha nova orde de convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva.

b) Programa de incentivos á actividade laboral vencellada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (TR349X). Trátase das bases reguladoras do programa.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes das axudas correspondentes ao Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR301P) será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente convocatoria.
No caso das axudas correspondentes ao Programa de incentivos á actividade laboral vencellada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata (procedemento TR349X), o prazo de presentación virá determinado en cada convocatoria anual dos incentivos.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190906/AnuncioG0424-220819-0001_gl.pdf