Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 05 Setembro 2019 09:27

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE PARA AS BOLSAS DE POSTGRAO EN IRLANDA

Os/as estudantes deben estar en posesión dun título universitario. A contía total que se pode recibir é de ata 24.000 euros:

- unha axuda anual de 16.000 euros ao ano
- unha axuda ás tarifas de matrícula de ata 5.750 euros anuais
- gastos de investigación directa dun máximo de 2.250 euros

Esta partida incluiría a adquisición de libros, material de investigación, software e hardware, e viaxes e participación en conferencias, entre outros aspectos.

Irlanda ten máis de 5.000 títulos recoñecidos internacionalmente e unha educación superior de prestixio. Estudar neste país supón tomar contacto con compañías internacionais e máis de 35.000 estudantes internacionais de preto de máis de 160 países.

As persoas solicitantes interesadas nunha bolsa de posgrao deben contar cun bo nivel de inglés.

A data límite para presentar a solicitude é o 24 de outubro de 2019.

ENLACE Á INFORMACIÓN E SOLICITUDE