Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

A ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS (SECCIÓN A ESTRADA) CONVOCA PROVAS CLASIFICACIÓN INGLÉS.

A Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra na súa sección da Estrada convoca probas de clasificación para aqueles alumnos que queiran comezar estudos de inglés.

A proba de clasificación de lingua inglesa para aqueles alumnos que desexen comezar estudos na sección da Estrada da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra terá lugar o martes 10 de setembro ás 17 horas.
O prazo de matrícula para estas probas estará aberto entre o 2 e o 6 de setembro e poderá realizarse na sede da sección da Escola, no IES Losada Diéguez. A data de realización das probas será o 10 de setembro ás 17 horas.
Deberán presentar unha copia do seu documento de identidade, cubrir un impreso de matrícula e aboar 17€ en concepto de taxas. Os impresos de matrícula e
de pago poden recollerse na conserxería do IES Antón Losada Diéguez ou descargarse da páxina web da escola de idiomas.
Os candidatos deberán ter 16 anos cumpridos se o idioma do que se examina é o mesmo que o cursado na ESO ou 14 se é un idioma diferente (ou ben cumprilos antes do
31 de decembro de 2019).

Máis información:
IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura, 2, 36680 La Estrada, Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 24