Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

EGAP CONVOCA CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS GRATUÍTO

Escola Galega de Administración Pública
RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2019 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Requisitos do persoal participante
Poderán participar na acción formativa convocada nesta resolución os/as empregados/as públicos/as que se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II e os/as traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de agosto ao 4 de setembro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190823/AnuncioO150-010819-0003_gl.pdf