Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 22 Agosto 2019 06:25

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN PEMES E GRANDES EMPRESAS DO SECTOR INDUSTRIAL

Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para actuacións de eficiencia enerxética en peme e grande empresa do sector industrial (Programa de actuacións de eficiencia enerxética en industria) (código de procedemento IN421V).

Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Medida 1: mellora da tecnoloxía en equipos e procesos industriais.
Medida 2: implantación de sistemas de xestión enerxética.

Serán beneficiarios/as os suxeitos que se enumeran no artigo 2.2 das bases reguladoras que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia. En concreto os seguintes:
a) Empresas que teñan a consideración de peme ou grande empresa do sector industrial, cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 12 e 34, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas de servizos enerxéticos entendendo como tal a definición máis ampla posible das organizacións que acheguen este tipo de servizos. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha das empresas que se indican na letra a), repercutindo, en todo caso, a axuda prevista neste programa á empresa onde se execute o proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 12 de setembro de 2019 ás 9.00 horas e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2020.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190822/AnuncioG0474-080819-0001_gl.pdf