Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 19 Agosto 2019 06:12

CONVOCATORIA DOS PREMIOS DE ARTESANÍA GALEGA

Consellería de Economía, Emprego e Industria
RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN200A).

Os premios Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:
1. Premio Artesanía de Galicia 2019.
Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual, como son o deseño, a adaptación ou conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra tanto nos seus materiais como no desenvolvemento desta.

2. Premio Traxectoria 2019.
Premio honorífico en recoñecemento á traxectoria profesional consolidada dunha persoa artesá galega. O premio será concedido tendo en conta as propostas dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, as asociacións profesionais de artesáns de Galicia e outras entidades públicas ou privadas encargadas de facer a presentación das candidaturas. Valorarase a traxectoria recoñecida da persoa candidata, a súa contribución, posta en valor e promoción da artesanía galega, a calidade dos seus traballos realizados e o compromiso coa divulgación e transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no eido da nosa artesanía.

3. Premio Bolsa Eloy Gesto 2019.
Esta modalidade ten a finalidade de potenciar a remuda xeracional na artesanía, o acceso de novos talentos ao sector e a súa profesionalización. Premiarase a candidatura que presente unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e o deseño. Valorarase o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a
incorporación das novas tecnoloxías, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, a calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre distintas actividades artesanais.

Participantes
1. Premio Artesanía de Galicia 2019.
Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal, de acordo coa Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, e co Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía.

2. Premio Traxectoria 2019.
Artesáns/ás en activo ou retirados que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de  vinte (20) anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, as asociacións profesionais de artesáns de Galicia ou outras entidades públicas ou privadas.

3. Premio Bolsa Eloy Gesto 2019.
1. Artesáns/ás inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cunha idade máxima de 40 anos en 2019.
2. Obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cuxo titular sexa unha persoa artesá rexistrada como tal e cunha idade máxima de 40 anos en 2019.

A dotación dos premios será a seguinte:
Premio Artesanía de Galicia 2019.
Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.
A persoa gañadora cederalle á Fundación Pública Artesanía de Galicia a propiedade da obra premiada. No caso de que as características físicas ou de propiedade do produto gañador impidan a súa cesión, substituirase por documentación gráfica ou visual deste.
Premio Traxectoria 2019.
Trofeo acreditativo e sen dotación económica.
Premio Bolsa Eloy Gesto 2019.
Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 14 de setembro de 2019 e remata ás 14.30 horas do 21 de outubro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190819/AnuncioG0424-020819-0005_gl.pdf