Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE ESTUDOS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL: ESTUDOS UNIVERSITARIOS E NON UNIVERSITARIOS

Bolsas xerais 2019 - 2020
Publicada o 31 de xullo de 2019, a convocatoria de bolsas xerais para estudantes que cursen estudos postobligatorios. Poderá solicitarse, sempre por internet, ata o 1 de outubro de 2019 (as non universitarias) ou ata o 15 de outubro de 2019 (as universitarias).

Moi importante: dado que para realizar a solicitude de bolsa requírese a achega de determinados datos cuxa obtención por parte do solicitante poden supoñer realizar certas xestións, recoméndase encarecidamente solicitar a bolsa con suficiente antelación, de forma que a solicitude poida estar completada e presentada antes da finalización do prazo indicado. En caso de non estar presentada nesa data (porque non se iniciou a solicitude ou se deixou en borrador), dita solicitude non poderá ser tramitada e perderase de forma irrevogable o dereito que se puidese ter á bolsa.

Bolsas para estudos non universitarios
As bolsas xerais para estudos non universitarios diríxense a estudantes que no curso 2019 - 2020 estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Bacharelato
  • Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior
  • Ensinos Artísticos Profesionais
  • Ensinos Deportivos
  • Ensinos Artísticos superiores
  • Estudos Relixiosos superiores
  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade de distancia
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional Básica

Tipos de bolsas e contía
Contías fixas para todas as persoas  solicitantes que reúnan os requisitos:

  • Bolsa básica: 200 €
  • Contía fixa asociada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 €
  • Contía fixa asociada á renda do estudante: 1.600 €
  • Contía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 €

ENLACE PARA A SOLICITUDE

Bolsas para estudos universitarios
As bolsas xerais para estudos universitarios diríxense a estudantes que no curso 2019 - 2020 estean matriculados nalgún dos seguintes niveis:

  • Ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster, incluídos os estudos de Grao e Máster cursados nos centros universitaruios da Defensa e da Garda Civil.
  • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  • Créditos complementarios ou complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster ou Grao.

Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

Tipos de bolsas e contía
Contías fixas para todos os solicitantes que reúnan os requisitos:

  • Bolsa de matrícula: Comprenderá o importe dos créditos dos que o alumno se matricule por primeira vez. O importe será o do prezo público oficial que se fixe no curso 2019-2020 para os servizos académicos. Non formarán parte da bolsa de matrícula aqueles créditos que excedan do mínimo necesario para obter a titulación de que se trate. No caso dos estudantes de universidades privadas, a contía desta bolsa será igual ao prezo mínimo establecido pola Comunidade Autónoma na que o solicitante curse os seus estudos para un estudo coa mesma experimentalidad nunha universidade pública desa mesma comunidade autónoma.
  • Contía fixa asociada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 €
  • Contía fixa asociada á renda do estudante: 1.600 €
  • Contía fixa ligada á excelencia no rendemento académico: entre 50 e 125 €

ENLACE PARA A SOLICITUDE

EXTRACTO DA CONVOCATORIA

Recorda: O Concello da Estrada pon á disposción de todas as persoas que o precisen, o departamento de emprego para axudarvos na tramitación das mesmas.