Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 31 Xullo 2019 06:19

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O APOIO AO INVESTIMENTO NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS ESPECIALIZADAS NA PRODUCIÓN VEXETAL

Consellería do Medio Rural
ORDE do 12 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR419A).

Con esta orde establécense as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal (procedemento MR419A), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4: investimentos en activos físicos, submedida 4.1: apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, contribuíndo directamente ás areas
focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola); e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).

Estas axudas teñen como finalidade:
a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización.
b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Persoas beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas os/as titulares de explotacións agrícolas, entendendo como tales aqueles que exercen a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación, inscritos no Reaga, con orientación técnica económica principal en:
1. Horticultura ao aire libre.
a) Hortalizas ao aire libre.
b) Flores e plantas ornamentais ao aire libre.
c) Cultivos mixtos ao aire libre.

2. Horticultura en invernadoiro.
a) Hortalizas en invernadoiro.
b) Flores e plantas ornamentais en invernadoiro.
c) Cultivos mixtos en invernadoiro.

3. Horticultura e cultivos diversos.
a) Cogomelos, champiñóns e outros fungos cultivados.
b) Viveiros vitícolas.
c) Viveiros de árbores e arbustos froiteiros (agás castiñeiros e nogueiras).
d) Viveiros de planta ornamental.

4. Cultivos leñosos.
a) Froiteiras (agás castiñeiros e nogueiras).
b) Oliveiral.

5. Sementes e plántula de hortalizas.

6. Pataca.

O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
1. 10 % no caso de agricultores mozos beneficiarios da convocatoria 2018 da axuda á incorporación de mozos establecida no artigo 19.1.a).i do Regulamento (UE) nº 1305/2013 ou beneficiarios desa mesma axuda nos cinco anos anteriores. Neste último caso, os solicitantes deben cumprir todos os requisitos da definición de agricultor mozo prevista no Regulamento (UE) nº 1305/2013, incluído o requisito de idade. Para que unha persoa xurídica poida ter esta bonificación, polo menos o 50 % das persoas socias deberán ser mozos que se instalen ou se instalasen durante eses últimos cinco anos.

2. 5 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario proceda dunha fusión de explotacións.

3. 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, segundo o establecido no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

4. 5 % no caso de operacións subvencionadas no marco da Axencia Europea da Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.

5. 10 % no caso de investimentos en agricultura ecolóxica.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190730/AnuncioG0426-170719-0001_gl.pdf