Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

CURSO SMARTPEME NA ESTRADA: O TEU CONTIDO EFÉMERO, STORIES EN FACEBOOK E INSTAGRAM

Este mércores poderás beneficiarte novamente dos servizos gratuítos que a Deputación de Pontevedra pon á túa disposición na Estrada, a través do seu programa SmartPeme.

  • QUÉ É SMARTPEME

Unha rede de oficinas situadas nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidas por asesores especialistas,  onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial.

  • A QUEN VAI DIRIXIDO

A todas as pemes, persoas emprendedoras e autónomas da provincia de Pontevedra que desexen mellorar a eficiencia, produtividade e competitividade dos seus negocios.

  • CALES SON OS SERVIZOS QUE SE PRESTAN

Smartpeme comezou no ano 2016 como un servizo de asesoramento no uso das TIC ao tecido empresarial.
A necesidade de seguir axudando ás empresas da provincia xerou a aparición de novos servizos que consolidan e impulsan a rede.

Smartpeme Impulsa ofrece asesoramento e capacitación na mellora da competitividade global dos negocios. As temáticas que se abordarán coincidirán coas necesidades máis relevantes para toda empresa en materia de crecemento empresarial, innovación e internacionalización

TurisTIC, enfocado no asesoramento tecnolóxico específico para o sector turístico, dada a relevancia que ten o sector na provincia. Busca axudar a mellorar o uso e a adaptación dixital das empresas do sector, dotándoas de ferramentas para mellorar a súa competitividade e eficiencia.

Alén deste servizo gratuíto este mércores poderás participar no obradoiro O TEU CONTIDO EFÉMERO: STORIES EN FACEBOOK E INSTAGRAM

Onde: Viveiro de Empresas de A Estrada, c/ Waldo Álvarez Insua, s/n, 36680 A Estrada

Inscríbete

Cando: Mércores 31 de xullo de 2019 de 19 a 21 horas

Información

Para consultar todos os eventos da rede preme aquí

Tamén podes inscribirte chamando por teléfono ao 886 202 020 ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.