Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 29 Xullo 2019 07:35

PARLAMENTO DE GALICIA CONVOCA UNHA PRAZA NO CORPO SUPERIOR

Parlamento de Galicia
ACORDO do 8 de xullo de 2019 polo que se anuncia a convocatoria de probas selectivas para ingresar por quenda libre nunha praza do corpo superior.

O obxecto desta convocatoria é a selección dunha persoa para ingresar no corpo superior do Parlamento de Galicia e cubrir unha praza do grupo A, mediante acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo de presentación será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190729/AnuncioO900-180719-0003_gl.pdf