Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 29 Xullo 2019 06:22

CONVOCATORIA DE BOLSAS DESTINADAS AO ALUMNADO QUE ESTUDA EN UNIVERSIDADES GALEGAS QUE PARTICIPE EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS NO CURSO 2019/2020

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2019/20 (código de procedemento ED441B).

Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva 140 bolsas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2019/20 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.700 euros.

Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2019/20 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2019.

BASES