Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 26 Xullo 2019 06:17

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL CONVOCA SEIS BOLSAS DE FORMACIÓN

Resolución do 23 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral do Tribunal Constitucional, pola que se convocan bolsas de formación en tarefas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doutrina constitucional.

Convócanse seis bolsas, cunha duración de doce meses. As bolsas poderán ser prorrogadas, se fose conveniente para o programa de formación e previa aceptación dos interesados, por un máximo de seis meses, conforme as dispoñibilidades orzamentarias.

A dotación da bolsa será de 1.150 euros brutos mensuais (sendo 13.800 euros o importe do gasto para comprometer por cada unha das bolsas, imputable á aplicación orzamentaria 487). O Tribunal Constitucional asegurará a cobertura para o bolseiro polo tempo de duración da bolsa, nos termos previstos pola lexislación vixente en materia de Seguridade Social.

O prazo de presentación das instancias será dun mes desde o día seguinte á publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».

BASES