Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

XORNADA: APOIO Á PARTICIPACIÓN DE EMPRESAS GALEGAS NO INSTRUMENTO PEME (HORIZON 2020)

Lugar: Sede da Axencia Galega de Innovación. Rúa Airas Nunes s/n. Conxo
Data: 29 de xullo de 2019
Hora: de 9:30 h a 11:30h

Nesta xornada adicada ao “Apoio á participación de empresas galegas no Instrumento Peme (Horizon 2020)” presentarase a convocatoria da Axencia Galega de Innovación para o financiamento do desenvolvemento de propostas presentadas a Fase 1 ou a Fase 2 do Instrumento PEME, sempre que esta obtivese unha nota de avaliación superior aos 13 (Fase 1) ou 12 puntos (Fase 2), ou fose distinguida co selo de excelencia da Comisión Europea ou mecanismo similar. Esta liña estará tamén aberta para ás novas convocatorias do Consello Europeo de Innovación que dean continuidade ao instrumento PEME.

Estas axudas serán cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

  • OBXECTIVOS
  • Coñecer a perspectiva dos evaluadores das propostas de Instrumento PEME sobre os factores clave para o éxito na convocatoria.
  • Coñecer a experiencia práctiva de empresas galegas beneficiarias dun Instrumento Peme Fase 1 ou Fase 2.
  • Coñecer a convocatoria da Axencia Galega de Innovación para o financiamento de propostas galegas con selo de excelencia.

Programa da xornada dispoñible nesta ligazón
Formulario de inscrición dispoñible nesta ligazón

http://gain.xunta.gal/eventos/278/apoio+participacion+empresas+galegas+no+instrumento+peme+horizon+2020