Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 23 Xullo 2019 07:58

CONVOCATORIA DE PRÁCTICAS NA COMISIÓN EUROPEA

A Comisión Europea convoca prácticas profesionais na área administrativa e de tradución desta institución, unha oportunidade única na que as persoas bolseiras obteñen experiencia práctica na elaboración de políticas da UE nunha contorna multicultural.

Cada ano ábrense dous períodos de solicitude para realizar prácticas. Nesta ocasión abriuse o prazo ata o 30 de agosto de 2019 para quen vaia a realizar as prácticas a partir de marzo de 2020.

  • En que consisten as prácticas da Comisión Europea?

 Este período de prácticas cobre unha duración de cinco meses e cada bolseiro/a recibe unha asignación mensual de 1.196 euros.

Segundo recollen as bases desta convocatoria, as persoas candidatas que resulten elixidas traballarán en toda a Comisión Europea, servizos e axencias desta institución, situados principalmente en Bruxelas, pero tamén en Luxemburgo.

O contido do traballo dependerá en gran medida do servizo ao que está asignado cada bolseiro/a, desde a área de dereito da competencia, ata os recursos humanos, ou a política ambiental, entre outras moitas áreas de traballo.

A través destes períodos de prácticas as persoas bolseiras conseguen alcanzar un coñecemento profundo dos procesos e políticas das institucións europeas e gañan tamén experiencia práctica, ao ter a oportunidade de participar nos asuntos cotiáns da Comisión.

Cada un/ha dos/as bolseiros/as que resulte elixido/a en cada convocatoria deberá participar en reunións, grupos de traballo, foros, e audiencias públicas. Ademais, seranlle asignadas tarefas de investigación e compilación de documentación, informes, consultas, ou respostas a consultas e proxectos en execución.

Por iso, as persoas aspirantes a estas bolsas deben contar con coñecementos nos asuntos europeos, e tamén deben mostrar interese por coñecer os métodos de traballo da Comisión Europea, así como ter disposición de traballar nunha contorna multicultural e manter unha actitude proactiva.

  • Quen pode solicitar as prácticas na UE?

O programa de prácticas está aberto a graduados/as universitarios/as que estean en posesión dun título universitario ou equivalente, de polo menos tres anos de estudo, correspondente a un ciclo completo (licenciatura ou grao).

Ademais, todas as persoas aspirantes deben contar cun moi bo coñecemento de dous idiomas oficiais da UE (nivel C segundo o Marco común europeo de referencia para idiomas), e un destes idiomas debe ser un idioma de procedemento: inglés, francés ou alemán.

E no caso dos/as candidatos/as que soliciten unha bolsa de tradución, estes deben poder traducir desde o seu idioma principal ou idioma nativo a outros dous idiomas oficiais da UE.

Así mesmo, é requisito obrigatorio non contar con experiencia laboral previa de ningún tipo, nin de máis de seis semanas en calquera institución, organismo ou axencia da UE, delegacións da UE, ou con membros do Parlamento ( MPE) ou Avogados Xerais na EUCJ.

INSCRICIÓN