Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 23 Xullo 2019 06:11

CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR A INSERCIÓN LABORAL DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Consellería do Medio Rural
ORDE do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a fomentar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR466A e MR466B).

– Entidades beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarias as cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario, as empresas (persoas físicas ou xurídicas) do sector agrario de produción e/ou transformación de produtos agrarios, así como as empresas inscritas no Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais (Ropciv) que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.

2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das axudas as empresas forestais inscritas no Rexistro de Empresas (persoas físicas ou xurídicas) do Sector Forestal (Resfor), empresas provedoras de material forestal de reprodución dadas de alta no seu rexistro oficial, as comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) e as asociacións forestais que contraten vítimas de violencia de xénero.

– Destinatarias finais.
As destinatarias finais das subvencións reguladas nesta orde serán as mulleres que sofren violencia de xénero.

Actuacións subvencionables

1. Será subvencionable a contratación con carácter temporal de mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas como demandantes de emprego ou de mellora de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, para o desempeño dun posto de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. O contrato deberá formalizarse por un período mínimo de 3 meses e máximo de 12 meses.
3. O contrato poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial. Neste último caso, a xornada terá que ser, polo menos, do 50 % da xornada ordinaria que se estableza no convenio colectivo correspondente.

O número máximo de contratacións que se subvencionarán a cada solicitante será de 4.

Contía da subvencións

A contía da subvención que se concederá ás entidades beneficiarias será, por cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.

Prazo de presentación de solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

BASES