Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 22 Xullo 2019 06:26

CONVOCATORIA DO PROGRAMA XUVENTUDE CREA

Consellería de Política Social
ORDE do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexen o programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2019 agás o establecido no capítulo II segundo para cada especialidade.

Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades (teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e danza moderna):

  • Un primeiro premio de 3.000 euros.
  • Un segundo premio de 1.500 euros.
  • Un terceiro premio de 1.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de agosto de 2019.

BASES