Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

CONVOCATORIA DE PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS EXTINGUIDOS

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 28 de xuño de 2019 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, recollidos no anexo II desta orde, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursara as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED517J).

Realizaranse dúas convocatorias no curso académico 2019-2020, consonte o seguinte calendario:
a) A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
b) A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

Establécense dous prazos de presentación de solicitudes, en función das convocatorias previstas:
a) Para a primeira convocatoria: do 17 ao 31 de xullo de 2019.
b) Para a segunda convocatoria: do 4 ao 15 de maio de 2020.

ORDE DA CONVOCATORIA