Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 10 Xullo 2019 11:04

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA 2.356 BOLSAS DE COLABORACIÓN EN DEPARTAMENTOS UNIVERSITARIOS

Poderán solicitar bolsas de colaboración os e as estudantes universitarios/as que no curso 2019-2020 estean matriculados/as de último curso de estudos de Grao ou de primeiro curso dun Máster universitario oficial e que, entre outros requisitos académicos, obtivesen como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:

  • 7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
  • 7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para

Ciencias Sociais e Xurídicas

  • 7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde e
  • 8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

O prazo para a presentación de solicitudes estenderase ata o 18 de setembro de 2019, inclusive.

https://www.boe.es/boe/dias/2019/07/01/pdfs/BOE-B-2019-29609.pdf