Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 08 Xullo 2019 06:18

UNIVERSIDADE DE VIGO CONVOCA PROCESO SELECTIVO PARA O INGRESO COMO PERSOAL LABORAL FIXO DO GRUPO I NA CATEGORÍA DE TÉCNICO/A SUPERIOR EN TELEDOCENCIA

Universidade de Vigo
RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de teledocencia polo sistema de acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (unidade administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190708/AnuncioU500-280619-0004_gl.pdf