Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 05 Xullo 2019 07:00

CONVOCATORIA DE PRAZAS DE PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS PARA AS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Consellería de Política Social
ORDE do 21 de xuño de 2019 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (código de procedemento BS303C).

Poderán solicitar as bolsas para a residencia todas as persoas físicas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
2. Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano
en curso.
3. Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou un ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
4. Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante.
5. Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
6. Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso.

Cidade                                        Residencia                                   Prazas
Lugo                            Centro Residencial Xuvenil LUG               4 home/muller
Ourense                       Florentino L. Cuevillas                            5 home/muller
Vigo                             Altamar                                                6 home/muller

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

BASES