Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 02 Xullo 2019 07:08

EMPRESA DO SECTOR COLECTIVIDADES SELECCIONA UN/HA COCIÑEIRO/A (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Con experiencia e formación en restauración e/ou colectividades para comedor escolar.

Funcións:
- Garantir o cumprimento das normas hixiénico-alimentarias e de APPCC.
- Organización e xestión de todo o servizo de cociña.
- Coordinación de pedidos, materias primas, produtos e útiles de cociña: xestionar a súa conservación, almacenamento e óptimo rendemento.
- Elaboración de menú diario e preparación do mesmo.
- Tarefas de limpeza de cociña, ademais do control e mantemento do equipamento.


Requírese:
- Formación mínima desexada: FP II ou Ciclo Formativo de Grao Superior en Hostalería, Cociña, Restauración ou similar; ou experiencia demostrable no posto de polo menos 4 anos.
- Carné de manipulación de alimentos.

Ofrecen:
- Incorporación en empresa en outubro 2019.
- Contrato Obra ou Servizo durante 2 anos. Con posibilidade de pasar a Fixo Descontinuo a partir do 3 ano.
- Primeiro e segundo ano 6 h/d, cunha duración de contrato de outubro a maio.
- Terceiro ano 8 h/d, cunha duración de contrato de setembro a xuño.
- Horario de mañá de luns a venres (rango horario de 08.00-17.00, pendente de determinar).

Persoas interesadas chamar ao 981 126 627 ou contactar a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.