Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

3, 4 e 5 de XULLO: XORNADAS PROFESIONAIS, EMPRESAS CON ALMA DE STARTUP. MAKER FAIRE GALICIA 2019

No marco do proxecto Capacita Directivos, a Xunta de Galicia, a través do Igape, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e o Círculo de Empresarios de Galicia organizan as xornadas profesionais "Empresas con alma de startup", que se celebrarán do 3  ao 5 de xullo, a partir das 9.30 horas, no edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O encontro realízase no marco da Maker Faire Galicia, a cuarta edición da maior feira de inventores, que constitúe un escaparate para a creatividade e o deseño.

O evento, que está dirixido ao público empresarial, ofrecerá relatorios de expertos de compañías como Ikea, Cabify, Kaleido, Airbus o Wayra (Telefónica), nos que empresas e startups debaterán sobre robótica, ciberseguridade, open data ou intelixencia artificial, entre outras temáticas.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN

Código invitación Igape 3 de xullo: I19J7OAI
Código invitación Igape 4 de xullo: I19E1KQ4
Código invitación Igape 5 de xullo: I19HFKI6