Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 01 Xullo 2019 06:18

AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA BOLSAS PARA ESTUDAR NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERÍA DE GALICIA

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (código de procedemento TU200A).

As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

Segundo a contía, establécense dúas modalidades:

  • Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.
  • Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, distribuiranse nos seguintes grupos:

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso do diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso do diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso do diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Persoas solicitantes
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2019/20.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

BASES