Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 24 Xuño 2019 06:20

CONVOCATORIA DE BOLSAS DA ESCOLA DIPLOMÁTICA DO MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES, UNIÓN EUROPEA E COOPERACIÓN

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES, UNIÓN EUROPEA E COOPERACIÓN

Orde AUC/684/2019, do 19 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das bolsas da Escola Diplomática do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación.

A finalidade das bolsas da Escola Diplomática é promover a formación e o perfeccionamento técnico-profesional en materia de relacións internacionais. As bolsas desenvolveranse dentro de dous programas diferentes:
a) Bolsas de axuda ao estudo.
b) Bolsas de prácticas.

O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado», salvo que se estableza outro distinto na propia convocatoria.

https://www.boe.es/boe/dias/2019/06/22/pdfs/BOE-A-2019-9450.pdf