Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 18 Xuño 2019 06:24

CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES CONVOCA 9 BOLSAS DE FORMACIÓN

Consellería de Cultura e Turismo
ORDE do 4 de xuño de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social, en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre
actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, e quedan asimilados a traballadores por conta allea, para os efectos da súa inclusión no réxime xeral da Seguridade Social.

Duración
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décima desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2019 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2021. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se for festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

BASES