Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 30 Mai 2016 08:48

AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS (PRAZO PECHADO)

Dende hoxe e ata o vindeiro 6 de xuño, está aberto o prazo para solicitar as AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2016.

Este programa de axudas da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, ten a finalidade de colaborar de maneira activa na xeración de emprego no noso municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais.

Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEMES), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2015 ( entendéndose por inicio da actividade a alta no I.A.E.)

As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa. O importe máximo destas axudas é de 2.000 euros por empresa, dita axuda non poderá superar a cuantía total do investimento inicial realizado polos promotores/as.

Para resolver calquera dúbida podes poñerte en contacto cos departamentos de emprego do concello no 986570030 (ext. 4326) e da Fundación Cultural 986570997 (ext. 4605).

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 6 de xuño de 2016.