Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 17 Xuño 2019 07:19

PARLAMENTO DE GALICIA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN

Parlamento de Galicia
RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2019 pola que se anuncian a convocatoria e as bases para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
c) Dúas bolsas de formación en publicacións.
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

E unha bolsa de formación adicional nunha das modalidades anteriores, reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % co fin de contribuír a súa integración laboral.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia www.parlamentodegalicia.gal 

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190617/AnuncioO900-100619-0001_gl.pdf