Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 17 Xuño 2019 06:31

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS E OS SEUS DESCENDENTES

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR937A).

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia.
3. As persoas beneficiarias das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración.

Requisitos comúns.
Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3.
b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
c) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta resolución.
d) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.
f) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía da subvención e compatibilidade de axudas
Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190617/AnuncioG0244-050619-0003_gl.pdf