Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 04 Xuño 2019 08:35

BASES REGULADORAS DO MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS, INSTRUMENTADAS MEDIANTE CONVENIO DE COLABORACIÓN COAS SOCIEDADES DE GARANTÍA RECÍPROCA E AS ENTIDADES DE CRÉDITO ADHERIDAS (FINANCIAMENTO IGAPE-PEMES)

Beneficiarias:
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I
do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado
interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.
b) Cumpran os requisitos e as condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento que se detallan no anexo I.
2. Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís ou
calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote a dispoñibilidade para a concesión de axudas, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de
solicitudes para a respectiva liña de financiamento, de conformidade co establecido no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) O 30 de setembro de 2019. Unha vez finalizado o prazo, non se admitirán máis solicitudes.