Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 31 Mai 2019 07:40

BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS DE PRODUCIÓN GALEGA 2019

Persoas beneficiarias:
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas
como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un
ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que
desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Modalidades:
1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as seguintes:
a) Desenvolvemento de proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries).
b) Desenvolvemento de proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para TV).
c) Desenvolvemento de proxectos de documental para cine e televisión.
d) Desenvolvemento de proxectos piloto de programas para televisión que destaquen
por ofreceren formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.
2. Para os efectos das presentes bases terase en conta o seguinte:
– Consideraranse longametraxes cinematográficas (ficción, animación e documental)
aqueles proxectos dunha duración de 60 minutos ou superior.
– Os proxectos de documental para televisión deberán ter unha duración mínima de 50
minutos e conter un marcado potencial de internacionalización.
– No caso de series de ficción para TV os proxectos corresponderanse con primeiras
temporadas e estarán planificados para unha duración máxima global de 400 minutos.
– Consideraranse miniseries de ficción para TV aqueles proxectos dun mínimo de dous
capítulos de polo menos 50 minutos de duración cada un.
– Os proxectos de series de animación para TV deberán ter unha duración mínima global de 130 minutos.
– O director e o guionista serán considerados noveis cando no seu currículo profesional
non figuren obras que se correspondan coa categoría a que se presenta a solicitude.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190531/AnuncioG1097-100519-0003_gl.pdf