Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 27 Mai 2019 08:05

CONVOCATORIA DE 5 BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

Consellería de Cultura e Turismo
ORDE do 14 de maio de 2019 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (código de procedemento PL500E).

O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.
A data prevista de incorporación será o 1.10.2019, en todas as prazas, agás no caso da praza localizada en Brasil que será o 1.1.2020. As datas de remate serán, en todo caso, o 30.9.2022 e o 31.12.2022, respectivamente.

Contía e libramento das bolsas

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:
1.277,12 €, por tratarse de lectorados localizados en universidades estranxeiras.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190527/AnuncioG0535-140519-0005_gl.pdf